Molaría. Pero eu penso que a longo prazo é un erro condicionar un estadio, como sería o caso de elevar a súa capacidade, simplemente para ter a posibilidade de albergar eventos que se celebran, con sorte, cada trinta anos.
Pero ollo, porque a Caballero seguro que algo así lle enche o ollo, e non descartaría eu que se lle dera, por exemplo, por ampliar Tribuna somentes para chegar a eses 40.000 espectadores e con elo poder presentar candidatura a sede.
E despois que facemos nos con un estadio así? Se tivésemos unha directiva que fomentase a asistencia e tivese unha política social caralluda, pois todavía habería esperanzas de, no medio prazo, meter entre 25 e 30 mil espectadores de media no campo, porque eu sigo convencido que tanto o celtismo como Vigo e a súa contorna teñen masa crítica dabondo para poder cumprir un obxectivo así.
Pero con esta directiva coa que temos unha tendencia que a nada que nos descuidemos somos catro en Balaídos, non tería ningún sentido. Hoxe en día, por desgraza, estamos máis preto de necesitar un estadio de 15.000 que un de 40.000.
E con respecto as obras, que ainda me pasei onte por alí... lento non, o seguinte. E di este home que quere tela grada rematada para a volta do mundial, alá por xaneiro? Non sei, igual contratan a partir de agora gnomos e duendes para que fagan veladas polas noites, porque se non dame que a cousa vai a ir un chisco xusta. Ainda que o certo e que non esperaba menos. Qué desastre machiño!!