Estiven vendo agora tramos do partido repetido e sorprendeume para ben o tiro de cámara novo.
Semella que case sempre se ven alomenos 6 ou 7 filas de Río Baixo. En moitos momentos vense bastantes máis.
O zoom que utilizan é moi acertado. Amplio, permite ver mellor a disposición táctica, e ademáis transmite a sensación de ser un estadio máis grande.
O único é o da distancia excesiva de Río á linea de banda, pero bueno, en líneas xerais tras ver o resultado a mín gústame máis este novo tiro ca o anterior.
O da zona VIP a ras de campo e coas cadeiras de plástico...paréceme bastante cutre e non acaba de quedar ben pola TV. Eu a quitaría ou a poría en condicións.
Como xa se comentara, o ideal sería facer 3 ou 4 filas máis e achegar a grada ao campo.
Para evitar obras complexas, poderían plantexarse o colocar unha pequena estructura desmontable (como os fondos de Mallorca ou Almería), que sirva de extensión á grada normal. Con 3 ou 4 filas xa quedaría moito mellor. Sería unha solución sinxela e rápida. Habería que ver se é posible poñela e se realmente queda ben ou non.