Sorpresa en Balaídos

Nunha zona de anegación coma e un Río de pouco caudal i estreito como o Lagares , e que ainda por riba desemboca no mar a poucos kilómetros , como e toda a Xunqueira do Lagares dende Samil hata Castrelos , podes facer a obra civil que queiras , meter bombas de achique , que estaría desaugando na terra i enchéndoa para acelerar o anegamento , ou anchear o leito do mesmo , que da igual , desbordaría para enchoupar a terra de novo e producir o mesmo efecto , e imposible que cando leve chovido mes e medio non se anegue cada vez que hai marea alta co Atlantico puxando por moito que queiramos . Contra o que a natureza tardou miles de anos en facer o unico que podes facer e poñer parches que a medio parzo non sirven e se demostran inutiles , e mais , hai anos cada vez que chovía a esgalla un día estaba empozado , aghora a lo menos tarda quince polo que se demostra que si houbo un empeño en tratar de combatir o problema . O que non se tiña era que ter construido nada no leito dun rio de xunqueira e pantanal que desemboca a o mar nun zona chá , outra cousa e que fose en caida xa que a gravidade axuda cando e costa abaixo , pero esa zona e toda chá , e ademais cunha factoria a o lado de hectareas , vivendas e de propina un estadio xusto no leito do río , aghora hai que roelo e punto .
Pasa o mesmo en Gondomar , cada vez que o embalse de Zamáns desagua por que está cheo coma un burro e o mar empuxa polo Miñor arriba cando sube a marea , que son dúas veces o día , debido a estreitura do rio , e imposible conter tanto fluxo de auga toda xunta e se inunda debordando polos laterais do leito do río convertindo Gondomar nunha lagoa ¡, e levan así anos .
O que non se tiña que ter feito e construir alí , aghora tíralle do aire por que e imposible loitar contra o Atlantico puxando e o ceo verrtendo miles de litros de auga , a proba está que cando para de chover nun día xa está todo calmado e non empoza por que desauga pola desembocadura e o chan ten tempo a chupar o exceso de auga .