Excesiva improvisación? A min sorprendeme o da rampa de unión con río porque precisamente improvisación estaba haber pouca. Todo seguía tal cal aparece nos planos. Algo debeu pasar para poñer iso.
Non sei cantos renders distintos vin xa dos fondos.
A execución do proxecto de Marcador xa leva 2 modificacións de contrato, unha delas din porque non tiveron en conta que ían a tirar Gol despois de facer Marcador. Menos mal que tiveron 7 ou 8 anos para facer os estudos de todo o proxecto.
Hai xente que ainda pensa que nas esquinas vai haber cristaleiras.
Facemos Tribuna fai 6 anos e agora xa estamos pensando en reformala de novo se dan o Mundial (por certo, o feito só de estudar cómo facelo, costalle cartos ao Concello).
A grada de Rio baixo unha vez entregada (e validada), resulta que a xente non cabe nos asentos e hai que refacela e deixala feita unha chapuza.
Non temos claro aínda se a cuberta de Tribuna vai levar soportais algún día ou non (a ver se coa humanización o fan).
O famoso parking que de primeiras ía ser dentro de Marcador, despois debaixo, despois en Gol, despois entre Rio e PSA, a día de hoxe non está claro se vai existir algún día.
Para mín todas estas cousas son improvisación nunha reforma integral. E seguro que me olvido de algunhas máis.