Pois despois de ter visitado a grada, cando a abriu o Concello ós vigueses e despois de leer os comentarios da xente que estivo o día de Barça, quédome un pouco chafado.
Xa na visita que fixera, me dera a sensación de que non se miraba a linea de gol dende a primeira fila a altura dos vomitorios, e parece ser que a sensación é parecida nas filas máis abaixo, estamos falando das butacas centrais, as que están por detrás da portería. Agora poderan dar as explicacións que queiran, pero estamos a falar de 12 ou 13 millóns de euros de obra pública, o asunto é moi grave, quen as te que dar son Concello e arquitecto. E solución xa non ten, a desfeita está ahí.
Son socio de marcador, e xa me plantexo moi seriamente o cambio de grada. Estou espectante á reubicación que fagan dos antigos socios, a saber como será. O lóxico como dixo un compañeiro por aquí, sería deixar esas butacas libres, e sacalas a venta, e mandar os socios hacia as esquinas de rio e Tribuna, pero somos o Celta, e non creo que fagan iso, é máis me temo que as esquinas de marcador non van a ter o mesmo precio que as zonas centrais. A ver se sacan a campaña de aboados e saimos de dúbidas.