O ano pasado todo o celtismo, foro, prensa, mesmo desde o clube se filtraba a idea da limpia que había que facer este verán.
Pois máis alá dos cedidos e demais, saíndo dos Fontáns e Lautaros, dos que xogaban o ano pasado apenas saíron Manu (que acabou o ano sendo residual), Tapia (3/4 do mesmo), Carles (importante a nivel económico, pero tamén secundario no deportivo) e Larsen.
Os centrais seguen sendo Unai ou Starfelt, no medio seguimos seguimos esperando pola fichaxe (o verao pasado pasámolo agardando por el e nunca chegou) e, mentres, coa media que emocionou a Spielberg Beltrán-Mingueza e arriba os Cervi, De la Torre ou Bamba seguirán sendo as alternativas aos titulares.
A pretemporada xa vai entrar na recta final e, como moito, vamos procrastinar un pouco mais.