Yoel Lago, defensa central de 1,85 m, naceu o 25 de marzo de 2004 (21 anos). Forma parte do Celta Fortuna desde o 1 de xullo de 2022 e ten contrato ata o 30 de xuño de 2029. Segundo Transfermarkt, o seu valor de mercado alcanza 1 millón de euros.
Doíume velo así. Tiña a papeleta máis difícil, bailar co máis feo, que era Uche, un auténtico animal. E o nixeriano gañoulle a partida de longo. Nos dous goles, a foto é a mesma: Yoel superado, incapaz de impoñerse nin por forza nin por colocación. Estes partidos son os que curten, pero hoxe levou unha lección moi dura. Necesita máis contundencia, máis mala uva.
Ao igual que o seu compañeiro no centro da zaga, quedou retratado no segundo gol. Víaselle nervioso e pouco contundente. Precisa gañar oficio e xerarquía para ser titular neste equipo.