Política Xeral e Normas do Foro do Celta

Versión: 2025-08-14 · Este documento regula o uso e a convivencia no foro.

1. Quen somos e para que serve o foro

O Foro do Celta é un espazo en liña creado por e para a afección celeste, onde compartir opinións, novas, análises, fotos e contidos relacionados co Real Club Celta de Vigo e o seu entorno.

Obxectivo: fomentar un diálogo aberto, plural e respectuoso entre celtistas, mantendo sempre un bo clima de convivencia.

2. Principios básicos de convivencia

  • Liberdade con respecto: pódese discrepar e debater, pero sen insultos nin ataques persoais.
  • Diversidade: tolerancia cero coa discriminación por raza, xénero, orientación sexual, relixión ou ideoloxía.
  • Bo ambiente: evitar provocacións e mensaxes incendiarias que rompan o clima do foro.

3. Moderación, apelacións e transparencia

Moderación

O foro conta cun equipo de moderadores voluntarios que se supervisan entre si.

  • Ningunha sanción permanente se aplicará de forma unilateral.
  • Os baneos permanentes requiren acordo de 2 moderadores ou 1 moderador + webmaster.

Apelacións

As sancións temporais poden ser revisadas nun fío de apelacións público.

O ton do fío de apelacións debe ser estritamente respectuoso e centrado nos feitos.

Transparencia: publicarase trimestralmente un resumo de advertencias e sancións (sen datos persoais).

4. Privacidade e seguridade

O foro cumpre coa lexislación vixente en materia de protección de datos. As contrasinais e datos persoais están cifrados e utilízanse só para a xestión do foro.

  • Prohibido publicar datos persoais de terceiros sen permiso.
  • As preferencias de privacidade pódense xestionar dende o perfil do usuario.

5. Mantemento, gastos e tecnoloxía

O foro está desenvolvido a medida, sen CMS externos, e optimizado para as necesidades da comunidade celtista.

  • Os gastos reducíronse ao mínimo e foron cubertos con achegas voluntarias.
  • Se o proxecto medra, poderanse estudar fórmulas de colaboración opcional.
Compromiso: publicarase anualmente un orzamento e a súa liquidación para garantir a transparencia.

6. Normas de uso

✅ Permitido

  • Debates e opinións sobre o equipo, xogadores, fichaxes e competiciós.
  • Compartir novas e ligazóns citando a fonte.
  • Humor e memes sempre que sexan respectuosos.
Convivencia Crítica construtiva

🚫 Prohibido

  • Insultos, ameazas, acoso e difamacións.
  • Discriminación por calquera condición persoal.
  • Publicidade comercial sen autorización (spam).
  • Publicar datos persoais de terceiros sen permiso.
  • Repetición masiva de mensaxes para alterar o foro.
Cero tolerancia

Rexistro e contas

  • O rexistro é gratuíto e obrigatorio para participar.
  • Está prohibido crear contas duplicadas para eludir sancións ou manipular debates.

7. Participación e mellora continua

Hai un fío fixo de Suxestións e revisión de normas aberto a toda a comunidade.

Periodicamente organizaranse enquisas sobre cuestións clave (novas regras, elección de moderadores, etc.).

8. Uso responsable

  • Pensa antes de publicar: evita mensaxes impulsivos.
  • Respecta o tema de cada fío e subforo.
  • Denuncia contidos que incumpran as normas coa función de reporte.

9. Contacto

Para dúbidas relacionadas con esta política, escribe a info@forodelcelta.com.

Este documento poderá actualizarse para reflectir cambios normativos ou de funcionamento interno do foro.

💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0