Eu estou con Deckard , estades extrapolando o xogo do equipo a un partido que todos sabemos que ten circunstancias especiais , copa , frío , chuvia , segunda b , suplentes , mal campo .... Todos os anos e igual en copa , equipos de primeira que van coa lingua fóra en partidos que sobre o papel deberían ser sinxelos , o Celta poucas veces este ano practicou un fútbol tan infame en liga como o de onte , e máis , fixemos máis partidos nos que malos , foi , fixo seu choio e para casa , e que na miña opinión non podemos usar estes partidos para agardar nada que non sexa simplemente sobrevivir tal como estamos , que a min o xogo non me gustou , pero se fixo o traballo e sen mancados , levábamos varios anos agás o anterior apeados por equipos moi menores .
Eu estou contento , cego non , mirei o partido , pero si contento .