Pois sí. A ver, ten que foder que te tanguen pasta. Él, igual que outros, tiña apalabrado un B importante, con cargo a dereitos de imaxen e esas caralladas, que tódolos anos recibía pero que imaxino que non sería doado demostrar que tes dereito a él. E que te quedes sin esa pasta e sen parte da ficha en A cando seguramente rexeitaches contratos mellores para ficar aquí con esas condición, pois ten que foder, claro.
E do outro, pois tamén flipará con que en Rusia hoxe en día calquera xogador que destaque un pouquiño cobra un pastón moi superior en proporción o que cobraba él nos seus tempos sendo un dos xogadores mais destacados da liga española.
Despois está claro que é unha persoaxe peculiar. Quéixase que non o chaman para adestrar e resulta que o tipo non ten o carnet de adestrador. Non lle fai falla, que él era moi bo xogando o fútbol e con iso xa lle chega. Xenio e figura
.
Iso sí, cando se lle di que aquí segue sendo un ídolo nótaselle un pellizco de emoción. O fin o cabo, ésta tamén foi a sua mellor época como futbolista, a mais intensa, onde mais sufriu e disfrutou. Sería bo unha grande homenaxe cun Balaídos renovado cheo ata a bandeira. Bo para él, bo para o clube e bo para afección. Bo para todos. Ogallá.