Pois para mín o único erro deste mercado é non atoparlle unha saída beneficiosa para todos a un xogador que non quere estar aquí.
Temo que continúe aportando máis ben pouco e devaluándose.
A ver, non creo que ofrecer un baixo rendemento a posta sexa unha estratexia beneficiosa para Tasos si quere que en verán lle saian novias ou un destino máis apetecible que supoña un progreso na súa carreira.
Si non rinde nin marca unha cifra aceptable de goles, entón ninguén se interesará por él en Xuño, e si encima sae ao campo sen actitude e tocarse os huevos encima estaría dando unha imaxe de vago e pésimo profesional que espantaría a outros clubes.
En Xaneiro si se puso tonto porque había unha porta aberta e pensou que igual botándolle un pulsiño ao clube lle saería ben a xogada e o Celta cedería ás súas pretensións, pero agora que pecha o mercado pois penso que tonto non é e que necesita volver a demostrar o que vale para que en Xuño haia alguén interesado en sacalo de aquí. Así que cando lle den minutos debería aproveitalos ao máximo polo seu propio interese.
Está claro que co de borrarse no Bernabeu xa a súa imaxe de cara a afición, compañeiros e xente do clube quedou un pouco manchada, e eu xa dou por feito que en Xuño se acaba ésta historia, pois alguén con esa actitude non vai cambiar e facerse superceltista da noite á mañán, él é un tipo que mira pola súa carreira e o Celta é un clube de paso que lle catapulte a clubes máis grandes (igual que o era para Larsen, Lobotka e tantos outros).
Pero non sexamos tan puritanos e pensemos coa cabeza fría. Deixemos rencores e fobias a un lado, o que máis lle convén tanto ao clube como ao xogador é que se lle dean máis minutos para poder pillar outra boa racha de goles e así poder vendelo pola cláusula en verán e non perder diñeiro con él.
Non digo tampouco de darlle titularidades por decreto, pero polo menos darlle media horiña cada partido a elgunha titularidade entre medias non sería tanto pedir..... Agora si Claudio ten pensado seguir dándolle os 5/10 minutos da basura por partido pois así moi difícil o vai ter para recuperar un bo rendemento que nos permita vendelo a un precio aceptable en Xuño e a él fichar por outro clube onde se sinta máis cómodo ou valorado.
Aquí Claudio tamén ten que ceder un pouco e poñer da súa parte, a súa misión é co seguir que Tasos recupere a confianza e o gol, porque iso é o que lle interesa ao clube e Claudio igual que calqueira empleado ten que procurar favorecer os intereses da empresa que lle paga o soldo por encima dos seus gustos ou caprichos personales.