O tipo se ve que ten cero conexión emocional co Celta e para él é como si non houbesemos existido na súa vida.
Correxidme si me equivoco, pero non vin ningunha felicitación súa ao Celta pola clasificación europea nas súas stories de Instagram, cousa que outros ex coma Larsen sí se acordaron de nós...
E no Como tampouco está demostrando nada, metía máis goles cando estaba aquí no Celta. Agora mesmo se pode dicir que isto foi un paso atrás na súa carreira, está nun equipo onde as súas cifras goleadoras son peores e que a diferencia de nós, non van xogar competicións europeas....
Co que a min me gustaba cando xogaba no Celta, ata me parecía un rapaz majo e riquiño, pero a verdade que agora me destila unha prepotencia e frialdade cara a nós que non me mola nada...
Enfin, él se o perde.... estou seguro que este último tramo de tempada co ambiente que había en Balaidos, o hype na plantilla nestes partidos polos obxectivos en xogo, e ter grandes pasadores como Aspas ou Mingueza que lle viñan de perlas para deixalo so ante os porteiros.... penso que aquí estaba no ecosistema ideal e acabaría facendose oco e disfrutando coma un anano, pero o botou todo a perder pola súa impaciencia.... Tasos no Eurocelta estaría na súa salsa, e no Como so leva dous goles e sin clasificar para Europa....
E o peor as formas de irse, non acordarse da afición, iso foi o peor.... E agora se confirma que nin se acorda de nós... chegou aquí, fixo un bo traballo metendo unha cifra aceptable de goles e logo marchou, pero sen implicación emocional de ningún tipo, seguramente so nos vería como un club trampolin, unha ferramenta para tentar ascender na súa carreira, pero demasiado frío e autista, unha decepción na miña opinión (será que estou acostumbrado aos tribuneiros e éste é xusto o extremo oposto).
Pero vamos, ningún detalle de acordarse do clube nin da afición, como si non houbese estado aquí nunca.