Ten o mismo sentido comparar a xogadores da primeira e da segunda parte do partido de onte que sentido ten comparar a xogadores dun partido cos xogadores do outro. E faise.
Total, que de Solari non hai ningunha xogada de perigo, non? Porque non lla pasaron, porque arrastrou rivais para que o perigo o levasen outros do Celta ou polo que sexa.
A ver, non é tan difícil de recoñecer: Solari ten feito bos partidos, incluso nalgún estivo a un nivel superior ao de Brais, pero xustamente onte non. E ofensivamente onte estivo completamente desaparecido.
Conste que é unha fichaxe que me gusta. Foi barato, facía falta un xogador específico de banda dereita e, que se saiba, non dá problemas no vestiario e nunca ten unha palabra mala para ninguén. E iso sendo suplente habitual.
O que non entendo, e isto non é culpa del, é por qué o Chacho lle pide que se vaia para o medio se a súa principal virtude é abrir campo e centrar en liña de fondo.