Manuel Bragado, ex-editor de xerais, columnista no Faro, e escritor, ten un libro fantástico chamado "Vigo, de puro milagre".
En moitos dos seus artículos fala do tranvía de Vigo.
Xaora, quedou en Vigo a saudade pola perda inxusta dos tranvías, onde se mesturan doses de raiba e dozura, como a lembranza do tranvía fantasma citado por Ferrín no seu "Testamento do Ghebo". O tranvía deixou en Vigo un sentimento de certa fatalidade, por mor de feridas que non é doado cicatricen, as dos accidentes das xardiñeiras ao seu paso polo Paseo de Alfonso ou a do Siboney que descarrilou na rúa Lepanto en 1935, traxedias que marcaron a historia dunhas cantas das nosas familias. Un estado de ánimo que nos atrevimos a bautizar como "síndrome Siboney", lembrando o nome popular daqueles tranvías que circulaban dende comezos dos anos vinte, nos que viaxou a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson e nos que lembra ao tranviario conducindo cunha rosa entre os dentes, unha imaxe moi fermosa para non esquecer neste centenario.
A min sucédeme o mesmo con Brais, que en parte trátase dunha venda "necesaria". Inxustiza por que non foi valorado xustamente pola parroquia. Pero esa saudade vai quedar ahí eternamente.