Claramente a banda non é o seu mellor sitio. E, se xogásemos cun banda tradicional, de gañar liña de fondo e centrar, Solari sería moitísimo mellor ca el. Pero non é o caso. Ainda que o Chacho poña a Solari, faino irse ao medio. E aí Brais si que é superior ao resto.
Non estou dacordo en que o medio estivese horrible. É que Brais non xoga de creador. Ese, habitualmente, é Denis. E onte, foi Beltrán. Ninguén lle pide a Nolito ou a Cervi que manexen o equipo, que creen xogo. Xogando a un costado é misión imposible. E, nembargantes, Brais ten esa capacidade, ainda que, claro, non na mesma medida ca se xogase polo centro. Obvio.
Cando xoga perto da área mellora precisamente porque aí si que abandona a banda e vense ao centro. E o par de veces que ao longo do partido se ve atrás e polo centro, tamén mellora moito. Brais non ten un gran regate, nin unha arrancada da carreira potente. E iso limita moitísimo o xogo en banda, porque impide desbordar. Polo medio podes ir cara esquerda ou cara a dereita, tes elección. Pero en banda só tes un sitio polo que saír.
En calquera caso, outra cousa pode discutírselle, pero... que non ten traballo? Que non rouba balóns? É certo que perde máis dos que recupera. Faltaría máis! Coma todos os atacantes. Ademáis, en moitas ocasións é el quen recibe o balón, pegado á banda, de espaldas e con un par de tíos encimando e sempre intenta pasar de primeiras. Iso de que ralentiza o xogo, cando apenas somos capaces de pasar o balón dos centrais ao mediocampo propio... pois non o compro.