Eu son pro-Brais. Pero antes do partido dixen que, estando tocado, ou como estivo tocado toda a semana, o mellor era que hoxe non saíse de inicio.
Agora ben, as críticas a Brais do tipo de que só xoga ben cando o equipo xoga ben, para min, polo seu estilo, sobran. Brais non é un xogador que conduza o balón, porque se en carreira non é Usain Bolt, ve ben os espazos e desmárcase ben. Pero con balón, as súas conduccións son moi moi lentas. Tampouco é un xogador que teña un bo regate, polo que non vai a xerar superioridades por irse do seu par co balón.
Brais é un xogador de pase e apoio. Se non ten apoio nos compañeiros, se non hai movemento por diante del ao que darlle o pase, Brais é un xogador que se queda sen recursos. Por tanto é obvio que só xoga ben cando o equipo xoga ben. Neses momentos Brais fai xogar ao equipo mellor ainda, porque xera combinacións e fai que o balón circule rápido, ainda que el o faga amodo.
E o Celta esta temporada está sendo moi estático arriba, sen desmarques de ruptura, sen ninguén que pida o pase á carreira, ao oco, senón que todos piden o balón ao pé. E nesas circunstancias Brais o único que fai é dar pases de seguridade, coma todos os demáis.