Vista a rolda de prensa (por fin), dicir que da gusto ver como da respostas concretas a preguntas concretas. Logo pode ser todo fachada, que non o creo, pero ese discurso da a sensación de saber ben do que fala, de telo equipo baixo control e do que se precisa para mellorar. A min gústame moito máis iso que falar do ben que o facemos todo e que merecemos máis. Outra vez, pode ser un tema de discurso e non significa que Coudet non soubese onde traballar, pero a sensación que da é ben distinta e como aficionado agradécese.
En concreto sobre o tema dos goles ten moito sentido o que di. Estamos encaixando moitísimo dende fóra da área e pode que Marchesín teña que ver niso, agora non vou a entrar nesa discusión, pero é verdade que eses goles normalmente chegan por xogadores que entran sós polo medio e teñen tempo e espacio para armar un bo disparo. Se conseguimos que os medios pechen mellor esas ocasións esa sangría debería mellorar.
Seguramente se deba a ver unha cara nova, pero recoñezo que me ilusiona moito Carvalhal. Dame boa espina a súa experiencia, o pouco que sei da súa filosofía e, agora, o que lle vexo facer e dicir. Ogallá lle vaia ben.