A min con ver as duas derradeiras xornadas sin tensión dende a barreira chéghame , dito isto , esta xeira de catro partidos , persoalmente dende Berizoo non desfrutaba tanto , e iso que co Chacho xa as tivemos de gozalas , pero o futbol que propón este home paréceme unha puta pasada , en serio , a min o de Sevilla , o de Anoeta e o de hoxe devolveume o disfrutar do futbol , pode parecer moi ventaxista o que digo , xa que a pelota entrou , pero joder , eu había anos que non desfrutaba tanto , o de hoxe foi unha asoballada en toda regla contra un bo equipo cun bo adestrador , pero e que ainda por riba puidemos disfrutar a emoción de ver o noso porteiro salvando duas claras no final da primeira parte , o de hoxe foi un partido de futbol con todas as letras .