Podera sairlle mellor ou peor o final (igual en 4 semanas botano, q aqui somosche asi) pero o tipo sabe de futbol, ten plan, intenta, cambia ...etc e iso e moi de valorar.
O seu metodo ten a todos enchufados e esta habendo minutos para todos. Pouco a pouco esta dado a sensacion de que se vai asentando a cousa pasamos de correr para todolos lados cada un facendo unha guerra polo seu lado, sempre os mesmos e sempre da mesma maneira, a ir collendo unha forma de xogar.
Sabedes ese efecto visual q fai a cervexa guinnes cando a serven ata q queda a escuma separada do liquido por ese horizonte q contrasta entre o branco e o negro? Pois iso e o q trato de explicar.
Solo lle falta agora conseguir o máximo rendemento en cada eslabon da cadea. Bueno e atoparlle o sitio a Oscar porque eu sigo pensando q non pode ser tan malo nin render tan pouco como se esta vendo.