Eu, como sempre digo, "xulgarei" ao final da temporada a labor de Carvalhal.
A bote pronto do outro día, a priori do partido:
* Solari, obvio, para tentar taponar un pouco ao Vinicius.
* tres centrais? típico en primeiras partes, fóra e contra o Madrí. Se vas de inicio ao intercambio de golpes, levas un carro.
* Aidoo, por lesión, fora, Tapia dentro. Esperado. Kevin, LD, esperado, se non está Aidoo como opción.
* Galán, Unai, Gabri, Iago, obvios
* Fran Beltrán? é o titular e compleméntase ben con Gabri. Meter a Tapia, que xogou ben o que xogou contra un equipo pechado atrás, pero que viña de actuacións moi discutibles, contra o Madrí e o seu mediocampo no campo deles con árbitro en contra? buf, moito risco, non remata o partido (a priori). Ademais do marrón de meter a Carlos, sen minutos de competición, contra unha dianteira potente. Pois iso, Beltrán, e Tapia central.
* deLaTorre? é o que lle dá máis xogo a Galán para subir e combina, aínda que non anda fino, a quen metes senón?
* Seferino? ten táboas, pero cada vez me gusta menos. Paciencia está para media hora ao final, mágoa, e Xurxo quizais sería unha opción...
A priori a alineación era máis que razoable. Minimizar danos na primeira parte e ver qué pasa na segunda. Non é a primeira vez que o fai.
Non puiden ver o partido. Dise que o partido foi "plácido" para o Madrí, pero se entra a de Iago con courtois no 78'...
Perdimos, o esperado. Ridículo? entregados? entregados ao ridículo é perder con 5-6 a cero e sen loitar o balón. Con moitós cartóns e algún lesionado de paso. Nin tan mal. Penso que este equipo nunca remata os partidos asi.
A polo Elche, que si que é a "nosa" liga.
Enviado desde mi SM-A525F mediante Tapatalk