Bueno, que dicir deste home.
Pois vou empezar polo que nunca me gustou moito del. O pote que se da. Desde o primeiro dia que pisou o clube veña a dar a turra co do Braga, Rio Ave.... etc... menuda tapa de orella! E, obviamente, se cadra darase conta mais tarde pero estivo facendo bastante o ridiculo polas radios do pais onte a noite. A verdade eso ata me da un pouco de vergoña allea.
En canto o de que "non esta para pelear descensos, que necesita pelexar por outras cousas" eu ahi quero entender que despois de ver toda a organizacion do clube, instalacions, funcionamento, etc... eu creo que quere transmitir que si hai un clube importante neses aspectos non se pode estar asi ano tras ano sin ir a por nada. E ahi doulle toda a razon.
Pero esto xa non e que o diga el, e que sacando Luis Enrique que marchou polo seu pe, o resto desde él estou seguro que todos comparten este pensamento sobre o clube, todos. E o primeiro que o dixo xa foi Mohamed, pero aqui considerouse de que este home era pouca cousa para nos. Que igual si, pero as veces hai que escoitar e prestar atencion.
E logo estan as formas do clube, que xa todos sabemos que son "especialitos". Seguro que as promesas as levou o vento. E moi facil enganar a xente, e valla como exemplo a famosa "mazá podrida" de Mou. Calquera que chega o Celta e ve a pantalla de fora pensa que acaba de chegar a un clube serio, con ganas de facer cousas e sobre todo con posibilidades de logralas. Pois nada mais lonxe da realidade, porque todas esas promesas que se venden moi facil nunca se van a cumplir, senon que habera que trocar a forma de facer o que ti podes e sabes facer.
No tema deportivo, alguen o mencionou por ahi, e creo que non vai desencamiñado, estou seguro de que nalgun momento lle trataron de facer as alineacions. "Este non xoga, este tampouco, aquel solo os domingos se cadran en dia impar...".
Logo esta que o equipo se lle caeu e tamen se mencionou que o seu equipo de preparadores fisicos non e moi bo. Eu non o sei, pero si e certo que o equipo baixou moito o rendemento. Na miña opinion, coincido co que alguen dixo por ahi, parte da caida do equipo esta en que el non confiou nos recambios que veñen sobre todo da canteira.
En definitiva esta todo dito sobre el e penso que o van botar, ou que marchará el. Pero o problema seguira aqui.