Onte colguei o twit de broma, porque me fixo gracia que falasen de Carvalhal cando en teoría os dous estamos a pelexar por Iraola, pero recoñezo que conforme pasa o tempo máis me parece que foi mala idea botar a Carvalhal. Xa coñecía o clube, sabe cómo funcionan as cousas e podía axudar a cambiar algo, coñece a plantilla e estaba en sintonía co director deportivo, xa estaba aquí (!) e, o máis importante, creo que é un bo adestrador. Creo que ningún dos nomes que teñen soado estes días me pareceu mellor opción que o bracaerense, nin Iraola. Ademáis, tería agradecido un pouco de estabilidade nun ano de tantos cambios e tan importante: remodelación da xunta directiva, do equipo, a presión do centenario...
Facendo balance e pasadas dúas semanas da busca de adestrador, cada día a decisión me parece un pouco pior.
Non son (moi) parvo e entendo que os dous últimos meses teñen pouca xustificación, non vou discutila decisión, pero ahí queda a miña reflexión. Quería dicilo antes de que chegue o novo adestrador porque dende ese día a morte con el, coma sempre.