Non dubido da capacidade do Chacho para ter tempadas tranquilas a curto prazo. Pero non sei, a min ver a este equipo non me xera ilusión algunha.
Explícome:
-de qué me sirve estar cos deberes feitos o 90% e ver no 11 a xente coma Nolito, Galhardo, Araujo, Solari..se é xente que a curto prazo non vai estar aquí?
-Porque non están as "xoias" da canteira en dinámica do primeiro equipo? (o do tema contractual vale para estes derradeiros meses pero non exculpan a primeira metade de tempada)
-Se a Orbelín fáltalle tanto a nivel táctico? porqué non o roda máis en situacións reais de xogo?
Logo xa está o tema de que case tódolos rivais anúlanos da mesma maneira, moita xente polo medio e a deixar e demos contra o muro unha e outra vez polas bandas. Da lectura do encontro e os trocos, repítome, moito fútbol europeo ten que estudar o bo do Chacho.
Non sei, si, bendita tranquilidade e tedio no medio da táboa, pero vendo o medio e longo prazo, non me vexo cunha gran afinidade o estilo e tipo de política deportiva que estou vendo.
Ogallá a fichaxe de Campos marque un punto de inflexión neste aspecto.