6 puntos de 24, insistente aposta e malgasto de minutos en xente que non vai estar aquí o ano que ven, no lugar de testear e rodar a xente que ten futuro a medio e longo plazo no clube. Nova nefasta lectura do encontro, xa van moitas nas que por inoperancia ou precipitación estraga un bo encontro.
Os que falades de plantel curto, él mesmo así o quixo. Comezamos a tempada sen lat esquerdo suplente, con 2 adestramentos meramente físicos descarta a Pampín(e Carreira). O mesmo Carreira podería aportar bastante máis ca Solari, pero non daba o "nivel".
A aposta por Carlos esfumouse, Fontán foi sinalado e defenestrado coma central, Gabri nunca chegou a contar, xente coma Holsgrove,Miguel nin foron a adestrar cando estaban destacando con B...
O Chacho tiña os resultados coma bagaxe para ter poder de decisión, a mediocre(e a ver se remata "só" sendo mediocre) tempada en Liga , o batacazo na copa e o discreto rendemento dos "recomendados" borraron dun plumazo a sobresaínte tempada anterior
Non sei cal será o proxecto do clube ca fichaxe de Campos, pero ou Coudet asume un rol formativo, ou non vexo cómo pode encaixar en algo que implique rexuvenecer o plantel.