Bigo, entendo o que queres dicir, pero dilo moi mal: divir que Óscar deixou o equipo de colista cando nin tocou o descenso é falsear a realidade para ensalzar máis a fazaña de Coudet, e non é necesario. E dar o dato de que cando cesaron a Óscar se levaba unha victoria en 9 xornadas, cando agora estamos a piques diso, é arriscado para as louvanzas a Coudet.
Dicir que agora se pode permitir esa racha porque xa tiña os deberes feitos de antes e negar que Óscar, antes da mala racha do final de temporada anterior, non tiña os deberes feitos cando non se descendeu, unha falacia.
A min gústame máis o fútbol que se fai con Coudet, sobre todo na presión e en defensa. En ataque ao equipo véxolle pouco fútbol. Pero ollo, porque co Chacho tampouco temos uns resultados históricos, nin sequera pelexamos por postos europeos, e tampouco lle vexo que con el, agás que comecemos a gastar unha pasta en fichaxes como nunca se gastou, vaiamos a ter mellores resultados no futuro. Sen embargo con Óscar dábame a impresión de que en tres anos podíamos ter artellado un equipo para moitos anos, con futuro e crecemento por diante.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk