Isto é o que acontece canto traes a un adestrador case amateur sen experiencia en Europa. Pode saír ben, coma con Berizzo(aínda que case non o conta vs Córdoba), que foi quén de adaptarse e sacar uns resultados notables; e pode saír mal, coma con Coudet un adestrador que en 2 anos non evolucionou absolutamente nada, facendo os mesmos adestramentos, os mesmos plantexamentos e sen variar un ápice o seu libreto.
Para más inri, en 2 mercados permítenlle traer a unha recua de xogadores de dubidoso nivel e a mínima que lle traen o que non pide, encárgase de defenestrar o xogador en cuestión para deixar ben claro quén está o mando:
-Traénlle a unha estrela da liga mexicana, internacional e o defenestra en 2 meses
-Sácase do medio os 2 canteiráns con maior proxección da súa xeneración.
-Tráenlle a un internacional estadounidense recomendado polo mellor ST do mundo, que despois de demostrar que pode aportar cousas o equipo cando lle deron 20 minutos, pasa 3 encontros no ostracismo.
- E o máis sangrante, o trato e manexo dun rapaz de 19 anos polo que se pelexaban equipos que xogan competicións europeas, que non fixo outra cousa que afundir cando tivo un micro diante.
Pero o peor de todo non é este peculiar e caprichoso modus operandi de Coudet, o peor, con diferenza é o seu nivel táctico, o traballo a balón parado e a xestión de minutos do plantel.
Chegará o parón, porque outra cousa carecería de sentido, pero este home non está capacitado para preparar outra pretempada/tempada no fútbol europeo de primer nivel.