Eu creo que a vista das ultimas noticias o mellor que nos podia pasar era que viñese algun equipo de sudamerica a buscalo e o deixasemos ir, porque botalo custa e bastante falta de cartos hai. Ademais, despois de todo este esparcimento de merda esta clarisimo que nin os titularisimos van continuar moito tempo crendo na sua idea e moito menos os suplentes. E iso vai levar a unha certa anarquia nos partidos que veremos a ver en que da.
Eso si, volvo a dicir, a ver que traerian. Porque non e o mesmo que o boten e nos falten 15 puntos para salvarse, que que falten 25. Ollo!! Agora ben, se continua aqui despois do paron, en canto alcancemos a salvacion virtual eu xa o largaba e traia o seu sustituto, se estivese libre claro. Todo o tempo que poida ter antes da pretemporada seria optimo. (Seria un pouco soberbio, si, pero penso que hai que aproveitar todo o tempo posible)
Por outro lado, se este señor fose un pouco listo, poderia sair de aqui coa cabeza ben alta e sendo recordado para ben. E solo con que faga algo por darlle valor a plantilla, poñer os rapaces a xogar e asentar alguns dos posibles cedidos para o ano que ven. Con ese pouco non creo que a sua relixion o condene o inferno nin que vaia ter peores resultados. Pero bueno, ala el.
El soiño conduciu a situacion a este punto. Como xa dixen noutro post, a sua inmovilidade fai que ademais de contar con poucos xogadores os que hai parecen moito peores do que realmente son.
Por romper unha lanza no seu favor, eu penso que o seu equipo ideal e o Xetafe. Un equipo sin esixencias, sin canteira, sempre con veteranos e perlas do real madrid.... Ideal para el, e digoo en serio.
En canto a adestradores, dende os ultimos 25 anos os unicos adestradores que considero como os mellores que estiveron aqui foron, (todos en pe) Paco Herrera, e Eduardo "Toto" Berizzo.
Quizais alguns nin sorte nin tempo tiveron de demostrar mais pero o resto todo podeslle colgar as medallas que queirades, que si canteira, que si man esquerda, que si motivadores, que si, bla bla bla bla.......NON VALEN NIN UN PATACO. Unha pequeniña mencion a Fernando Vazquez que a inquina que levanta aqui nubla as cousas que conseguiu co Celta, pero non hai mais nada dende Irureta.