Volvo a insistir. A eliminación foi porque non hai plantel para máis? Dende o 67 todos os que había no campo menos Carlos e Murillo son os titularísimos en Liga. No 67 estábamos empatados. Non é plantel suficiente para ganarlle a un 2ªB? Ao mellor non porque algún deses estaba en baixa forma, tal e como indicou Coudet, pero meteuno igual para darlle descanso a outros. E chegado a este punto pregunto: é mellor meter a eses en baixa forma que non teñen o ritmo dun xogador de 2ªB ou é mellor meter a un xogador de 2ªB? Porque contra o Baleares xogaron Carlos e Gabri do filial, pero non estaba prohibido que xogasen máis.
O once e os cambios igual foron os correctos, se os miramos en minutos recentes e en nomes. Pero se Coudet sabe que hai xogadores en moi baixa forma, ao mellor non é correcto que xoguen. Ou iso só aplicaba ás probas de esforzo dos nosos canteiráns?
E, se supoñemos que eran xogadores suplentes e que os nosos suplentes son peores cós titulares do Baleares, entón un chaval de 2ª B pode rendir inmediatamente en primeira? Porque fai 15 días Coudet dicía o contrario.
E, se os nosos son mellores, entón fallou a motivación? Non era Coudet un gran motivador?
Síntoo, pero, ou por H ou por B, Coudet tomou malas decisións que perxudicaron non xa ao equipo, senón ao clube.