Eu teño que discrepar contigo, J. Así coma con Berizzo si era moi crítico, con Coudet creo que non son sospeitoso de terlle unha manía persoal. Eu tamén son dos que defenden o seu traballo pero, e este é un pero bastante grande, creo que as críticas que leva son ben merecidas.
1) O equipo xoga ben, pero non é infrecuente ver contra equipos que nos pechan o xogo polo medio como fixo a Real ou o Osasuna onte a principio do partido, que o equipo non xoga a nada. Non hai alternativas. Nen sequera sinto que o balón en longo estea ben traballado, como si estaba con Berizzo. Pode que sexa porque este equipo non ten a xente coma o Tucu no campo, vale, pero se non podes xogar polo medio con Denis-Brais-Aspas-Cervi/Nolito combinando, haberá que pensar en outra cousa.
2) Coudet quéixase moito nas roldas de prensa, pero autocrítica non fai tanta. Que se o ritmo, que se os xogadores, que se a sorte. Os seus argumentos cando perdemos sempre son: a) pasounos esta cousiña, ou b) merecimos máis.
3) Iso de que o equipo é o que é... Este problema xerouno el. Xogadores que xogan sen estar ao 100%, xogadores do filial que di non dan o nivel (pero que logo rinden ben), xogadores que non xogan nin nos adestramentos. Se aceptase que as veces os seus titulares non están para xogar, quizás nos iría mellor. Para empezar, as lesións musculares que tivemos en decembro ao millor podían evitarse, xa que houbo xente xogando tocada por non probar con outros.
Non sei, a min paréceme que tódalas críticas van por ahí e creo que son xustas porque reflexan a realidade do equipo. Outra cousa é o ton que se empregue ou que saian tódolos medios en tromba a criticalo o mesmo día. Eso podo entender que lle enfade, pero as críticas parécenme lexítimas e se non o ve creo que ten un problema.
Coma ves xa non vou nin a entrar en criticar a Fontán en público pero cos demais quedar calado. Creo que ese foi un dos maiores erros que cometeu dende que está aquí. Moita xente non llo vai perdoar.
PD.: sen información de ningún tipo, eu apostaría a que alguén intenta meter man no seu traballo (imposición de canteiráns adestrando con el, insistirlle en mirar máis cara os rapaces, ese tipo de cousas) e non lle gusta. Con razón.