Perry, un tal Messi non daba o nivel, nin parecido, do Sr. Ronaldinho. Pero déronselle minutos igualmente e o Barcelona gañou con iso.
Aspas non daba o nivel de David Rodríguez, que en segunda era un goleador asentado, pero déronselle minutos e o Celta gañou con iso.
Mina e Iñaki Williams saíron a un tempo. Iñaki sempre tivo peores números ca Mina, pero tiña a confianza do adestrador do Athletic, mentras que Mina chupaba banquillo. Cando Mina marchou para o Valencia aquí todos pensaban xa que era peor ca Iñaki. E, con confianza, volve demostrar que non, que é mellor.
Con OG non saíu ben o modelo de subir rapaces? Eu non teño tan claro que fose por subir rapaces, porque no final de temporada anterior, despois do parón polo COVID, non metía un rapaz e os resultados foron malos igualmente.
Pero o Celta non sería o que é sen a época de Eusebio, na que xogadores coma Sergio, Túñez, Jordi, Mallo, Abalo ou Aspas subiron ao A e sacaron ao clube dunha situación moi complicada. E ollo, había fichaxes veteranas que quedaron relegadas á suplencia.
Falas de UEFA, pero vamos de 12. Qué diferencia hai quedar de 10 ca de 15? Vale a pena renunciar a un futuro máis prometedor por quedar uns postos máis arriba? Vainos a aportar máis Solari ca Íker Losada? Ou Galhardo ca Miguel? Ou Okay ca Gabri?
Perdón polo tocho, pero claro, vendo xogar ao Athletic e o Barcelona con varios titulares do filial, e tremendo partidazo, mete envexa. E tira abaixo moitos discursos.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk