Recordas diferente a mín. Cando chega ó Celta, gaña os primeiros 5 partidos nos que se senta no banco (perde en Sevilla o primeiro que dirixe, pero nese non estaba no banco, creo).
E chega na xornada, creo que 12/13. Non foi en Febreiro. Logo tivo outra segunda racha de 5 victorias consecutivas na segunda volta... o mellor e esa a que dis de Febreiro?
O segundo ano ten un mal arranque, chegamos a navidades en problemas, e a partir de ahí cambia a cara do equipo e vai a moito mais e acabamos facendo contas para entrar en Europa, pero quedamos curtos catro ou cinco xornadas antes do final de liga.
O terceiro ano comeza como o segundo, pero non hai paciencia e o despiden antes de ter a oportunidade de remontar. E o que lle custa o despido, na miña humilde opinión, é un atraco arbitral en Almería. Un partido que tiñamos controlado e ibamos gañando, expulsan a Gabri Veiga, acabamos perdendo e perdemos a Veiga para a xornada seguinte. E logo 20 minutos malos en Valladolid, nun partido que fora o mellor do Celta ese ano durante 70 minutos.
Sin aquel atraco en Almería, non o houbesen despedido.