Hoxe o plan A saiu a perfección porque, como él xa viña manifestando recentemente, fomos capaces de facer un gol cedo e desplegar o xogo de presión alta que nos caracteriza. Esta é a versión vistosa que a todos nos gusta, pero que por desgraza, pouco disfrutamos este ano.
A nota negativa, para o meu gusto, foron novamente, a entrada dos Nolito e Murillo, por diante de xente coma Pineda, Fontán ou Carlos. Explícome: agora mesmo estou convencido de que eses trocos son para decir "conmigo xogan os que eu valide" sexan nomes de Campos ou non. Se de verdade fose ese adestrador "de clube", hoxe, nun partido contra un rival moi duro, cunha situación "tranquila"na táboa, veríamos minutos para:
- Pineda no lugar de Manuel.
- Se Pineda é un hándicap defensivo, subes a Galán e pós a Fontán, que o día do Betis demostrou ser un lat stopper maís ca válido.
- Carlos / Fontán por Murillo.
En Rosario (non sei se por vontade ou por necesidade) demostrou ser ese adestrador de clube que busca solucións en xente nova con potencial, de verdade agardo que ca chegada de alguén ca reputación de Campos, remen dunha vez xuntos os 3 estamentos do clube, directiva,sec.tec e corpo técnico (comezando con cese fulminante de Onésimo)e podamos disfrutar dun centeario realmente especial.