Se a min o que me marabillan sempre son os argumentos.
Porque eu se non tivese os antecentes coa canteira que ten, xusto neste momento determinado que lle quedan 4 partidos ao filial onde se xogan playoffs e a posibilidade de que nos toque nunha final contra o Coruña(non estaría mal esa emoción final de tempada despois dos aniños que levamos) pois case que vexo ben que queden co b, en vez de ir co primeiro equipo para xogar 15 minutos (Gabri) ou ningún (Fontán, Carlos). Aínda que respeto que outros consideren que mellor 10 minutos no primeiro equipo que 90 no filial, independentemente do momento da tempada.
O problema está en que non lle vale, pero nin agora nin o ano que vén.
O chacho e berizzo son exactamente iguais que buscar traballo hoxe en día, "no te cojo porque no tienes experiencia" pero non me deixas adquirir esa experiencia.