Dramatismo cero, Varinho. De feito, eu tendo a ser optimista. Eu non sigo o fútbol coma vos, vexo o Celta e pouco máis, así que non coñezo a adestradores, xogadores ou directores deportivos como para ter prexuízos. Cada vez que chega alguén novo, dou por feito que ven a facelo ben e melloralo equipo, que por iso alguén que sabe máis ca min decidiu traelo.
A cousa é que, por unha cousa ou por outra, levamos uns anos de inestabilidade e de pasalo mal. Mohamed viña de gañalas súas cousiñas e non durou tres meses, Escribá salvou ao equipo pero faiou para armar un equipo durante o verán seguinte. Óscar viña de facelo ben en moitos equipos, ganando títulos, pero aquí cando parecía que a cousa pintaba ben o seu segundo ano foi como foi.
Coudet ten os seus defectos, pero tampoco vamos a negarlle o pan e a sal. Saíu adiante onde moitos outros saíron pola porta de atrás.
Así que non, de dramatismo nada. Chegou Campos e, sen saber se toda a confianza que tedes nel é merecida, espero que o faga ben. E se ten que vir outro adestrador, espero que mellore a Coudet. De primeiras terá toda a miña confianza, pero o risco de volver a inestabilidade dos últimos anos está ahí e non se pode obviar.