Aos que dubidades de se un adestrador que prima a experiencia coñecida e cumplidora á inexperiencia de calidade pero que aunda necesita aprendizaxe lle daría minutos a Messi por riba doutras superestrelas porque Messi foi o no va más, lembrarvos que unha dirección deportiva dun equipo moi coñecido por nos e que viste de celeste tamén preferiu a experiencia no seu momento, descartando a fichaxe do que chegou a ser o mellor xogador da historia.
Messi cando comezou non era ninguén que vai para ningures e competía contra titáns. Aspas non competía contra titáns pero competía contra un dos mellores goleadores da historia de segunda división. E así todos. Se hoxe son o que son é porque alguén os puxo a xogar por diante doutros máis veteranos e máis asentados no fútbol de élite.
Cando estivo Berizzo o noso xuvenil facía un ano que acadara os mellores resultados da nosa historia e o B, igual. Botou no Celta uns cuantos anos. Qué xogador do Celta sacou Berizzo para a profesionalidade do fútbol? A min non se me ocorre ninguén.
E conste que, a temporada pasada, Coudet parecíame que contaba máis ca canteira que Berizzo. Esta temporada nin de coña teño esa sensación.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk