https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2022/08/17/celta-desplego-espanyol-once-canterano-73618303.html
Acelerando procesos
Enviado desde mi VTR-L09 mediante Tapatalk
Números de su amigo Onésimo.
Y ojo, esos dos canteranos tienen 35 y 31 años respectivamente. Yo sabía que Coudet iba a dejar la presencia canterana como un solar...pero en sólo año y medio?. Crack.
Non me gusta a importancia decrecente que van tendo os canteiráns neste equipo. Paréceme un harakiri económico, deportivo e identitario. Porque, non nos enganemos: Cando, nun futuro non moi afastado, Aspas colgue as botas,cal vai ser o estandarte do celtismo? Podería telo sido Brais, pero para ledicia de moscog e seguramente dos que o apupaban dende a grada, empregouse para maquillar varios fiascos da dirección deportiva.
Un líder non se constrúe dándolle os minutos do lixo no primeiro equipo, nin relegándoo ao ostracismo no filial se non adestraba toda a semana no B.
A pregunta é cantos xogadores do filial chegaron e se asentaron no primeiro equipo dende as últimas cinco tempadas?O céspede Balaídos pisárono uns cantos, xa sei, pero cantos chegaron a ter un forte ascendente no equipo? Redúcese todo a unha cuestión de falta de calidade dos rapaces ou de desconfianza dos que mandan?
E non perdamos de vista que a tendencia dos adestradores é curtopracista por norma xeral. O cal é lóxico,porque eles veñen ao Celta a medrar e saben que despois dunha racha mala o máis seguro é que que dean cos seus ósos na rúa.
Eles veñen a gañar e para iso, adoitan ser máis fiables tipos curtidos en mil partidos ca un mociño imberbe. Pero para que ese imberbe chegue a venterán, alguén debe apostar decididamente por el, coa suficiente consistencia no tempo para que demostre se vale ou non para este deporte.
E esa non é a responsabilidade das aves de paso que son os adestradores (apelídese Coudet ou Berizzo), senón dos seus superiores xerárquicos quen deberían ter trazada unha folla de ruta na que o canteirán fose a pedra angular(porque é máis barato formar ca mercar, porque, a priori, un tipo de Puxeiros debería estar máis identificado co equipo ca un de Sebastopol-xa sei que hai excepcións coma Joselu-, e porque tendo en conta que o máis probable se miramos a nosa historia e que volvamos nalgún momento á B, será máis doado ascender cun nucleo duro de xente da casa).
E se o adestrador non quere apostar polos rapaces e prefire a un que ten os collóns negros de xogar en Lanús, perfecto. Cero reproches, pero ese adestrador non é o axeitado para esa folla de ruta.Pero sabedes cal é o problema? Que esa folla de ruta é coma os Reis Magos: Nada máis ca unha tenra ilusión.
Teño a sensación de que o Celta é errático na súa dirección. Que non sabe a onde vai,porque tamén é curtopracista no económico e no deportivo.Primeiro foi a época dos Bongondas,Drazics,Emres...Fallamos. Cambio radical: Operación retorno.Fallamos. E o problema non é fallar, facémolo todos. Ás veces o éxito redúcese a confiar en seguir unha idea sen perder a confianza nela aínda que os resultados iniciais non sexan os agardados.
E imos esquivando as balas en boa medida porque a un señor de Moaña dálle por facer de superheroe made in Galiza. Pero o reloj de Iago,coma os de cada un de nós, non deixa de facer tic tac.
*Perdón polo tochamen.