Novamente, mostra unha carencia de recursos tácticos e de lectura do encontro, impropios do fútbol europeo de primer nivel.
Volve insistir cun 11 que ofensivamente non funciona.
Fai un bo troco, que é o de poñer a Carles no seu sitio(só tardou 9 encontros), pero ó mesmo tempo quita a Gabri do terreo para pasar a Óscar o medio, para ver se por noveno encontro non fai nada nesa posición e, efectivamente, así foi. Imanol anula a entrada de Carles e adeus o revulsivo, xa que nós non empregamos único sustituto natural de Gabri(Luca).
Cervi volve ser un drama no apartado ofensivo, non pasa nada, o mércores outra vez titular.
Xuntamos a 2 noves, pero somos incapaces de trocar nada para chegar polas bandas para aproveitar eses cm.
Incapaz de adaptarse o perfil de xogadores que tén, os encorseta no seu esquema aínda que non sexan adecuados para eses roles.
E por certo, non vexo tan superior a Real como para dar por esperada unha derrota en casa. Xogaron o xoves, e indo posición por posición, en poucos postos nos melloran, a gran diferenza está na dirección, eles teñen a un adestrador que ten enchufados a 20 xogadores e que sabe reaccionar sobre a marcha, nós...iso, os de sempre o xogando o de sempre.