?t=waJKgRnf4RgRPIRfil1RaA&s=19
Es que te tienes que reír, joder.
Bajaremos las entradas? Qué carallo pinta un adestrador niso?
Acercarse á prensa? Pero qué achegamento houbo? Que non me toquen o carallo. O acercamento que houbo foi con certos recadeiros de twitter para facer a guerra como mellor lle conviña aos seus intereses, porque o escurantismo en casas Celta existiu antes da súa chegada, durante e seguramente siga a existir sen el.
Dar un carácter competitivo? Home... Que estamos a 1 punto de descenso e acabamos de perder encaixando goleadas contra Valladolid e Almería. Iso é ser competitivo en tempos de decadencia?
Dala cara sempre?? Isto xa é para rematala. Dar a cara é botarlle a culpa das derrotas á sorte? Dar a cara é culpar a falta de fichaxes dos malos resultados? Dar a cara é sinalar canteiráns polos seus erros? Home home...
Non me toquedes o carallo, mosgoc, que parece que lle queredes tomar o pelo á xente.
Eu estoulle moi agradecido a Coudet polo que fixo no seu momento. Por vir comer un pastel de merda e sacalo adiante moi dignamente, e non me caen os aneis por dicilo. Resucitou un corpo case en fase terminal, e iso non llo quita ninguén, penso. Agora, que non mo vendan como un santo e a rencarnación de Guardiola, porque está bastante lonxe diso.
Hai que saber cando a túa forma de facer as cousas non encaixa, e saber marchar con dignidade.