Óscar intentou para a sangría defensiva cun equipo máis sólido, conseguiuno xusto antes do parón pandemia, no que eramos un equipo serio, sen alardes pero tamén sen despropósitos defensivos. Logo chegou a pandemia, as movidas con Mallo, Miñambres, Chaves, etc e xa sabemos como remata o conto.
Coudet chegou, apostou por un estilo máis suicida que colleu desprevenido a moitos equipos, aproveitou o pico de forma dos xogadores (e o maior énfase co que rendían algúns) e fixo un final de tempada excelente.
Pero este ano, todos, TODOS os equipos saben como contrarrestarnos, en ningún encontro mostramos automatismos ou una clara idea de xogo ofensivo e claro, os nosos penosos centrais con balón e Dituro teñen que tocar moito balón e pasa o que pasa, "a mala sorte" "os horrores individuiais"... Machiño se a cagas unha vez tras outra, volves insistir no mesmo e nos mesmos e a volves cagar, xa non é que non che saian as cousas e que non tes nin idea de qué facer.
Que semella que con Coudet vemos un fútbol de salón e nada máis lonxe da realidade, perpetramos un truño tras outro.