A min o que amólame é a brocha gorda dos futbolistas cos afeccionados. A Costas lle asubiaron puntualmente 4 gatos en un partido, dou fe porque estaba aló. Murmullos?, sí, pero porque transmitía inseguridade. O principal problema de Costas foi que lle puido a presión de xogar en Balaídos. O outro problema que tiña é un parecido ao que ten actualmente Mingueza, eses defensas con "alma" de centrocampista a min dánme arrepíos. Costas era moi estético na saída do balón, moi bó co balón nos pes, pero en defensa era moi blando, moi pouco agresivo. Non lle lembro ir ao chán nin unha soa vez.
Entón, a Costas lle asubiou balaídos ou a afección do Celta?, rotundamente NON, lle asubiaron catro afeccionados. E cando hai silencio, os pitos de catro se escoitan. Os 19.995 restantes non lle asubiaron.
Brais sí que xa foi outra cousa, foi o boneco do pim pam pum dun sector moi minoritario pero sí significativo. Curiosamente, dende a vergoña allea que deu ese sector minoritario nese infame partido contra o Raio, nunca máis se llle voltou a asubiar. Por certo, que deus lles conserve o gusto futbolistico a ese fato de ignorantes, porque mimadriña querida que visión tiveron con Brais...
E logho está o alto de gama; Jony Otto. Un esquizofrénico que escoitaba pitos na súa cabeza. E depois o contaba en cada esquiña...e vengábase da taimada e malvada afección do Celta negándolle o saúdo o final de cada partido. Un castigador nato.
Co resto dos canteiráns, afortunadamente, non hai máis que apoio por parte da afección.