Asumindo que Campos é tan bo como se di que é, o problema é que chega a un clube onde o adestrador do filial ten moitos problemas para poñer a xogar aos rapaces xoves. Ata hai pouco nin sequera podían adestrar co primeiro equipo porque entón non xogaban. E encima se lle renova o contrato. O do primeiro equipo non confía neles nin para levala auga, nin conta con máis dos seus 14 xogadores de sempre, pero non se corta en descartar xente sin apenas mirala. Polo que dicides, e para quen queira crelo, hai xogadores con suficiente peso no clube para forzala cesión de adestradores se non xogan independentemente do seu rendemento.
Campos pode ser boísimo, pero o que ten facer é unha milagre. Máis alá de decisións individuais hai problemas estructurais a tódolos niveles: na dirección do clube, na dirección dos equipos, na xestión dos activos, ou mesmo no peso específico de xogadores individuais.
Eu ando entre expectante e ilusionado con que ande por aquí, tal e cómo falades del como para non estalo, pero o fundamental, mais alá de acertar cos nomes, é remar todos na mesma dirección.
O primeiro debería ser por orde, sentalas bases de quen decide que (e.g. os xogadores prometedores do B deben xogar sempre aínda que adestren cos maiores); despois definilos obxectivos e a estratexia a medio plazo; e por último largar a todo o que se sinta por encima do clube ou perxudiquen a estratexia xeral (sexan xogadores, adestradores ou directores deportivos).