Despois da desfeita do pasado mercado de verán ( coa excusa, certa ademáis, do torpedeo constante de Coudet ) e despois da desfeita do pasado mercado de inverno, no que trouxo unha lámpada na vez do sofaciño que tanta falta facía, o noso benquerido pluriempleado vai chegar a segunda xornada de liga con outra desfeita de plantilla. Cunha chea de posicións mal cubertas e cunha chea de futbolistas que non aportan nada ou case nada aos que non se lle da saída. Conseguindo de momento o que xa parecía unha pirueta incríble; unha plantilla inda peor e máis descompensada ca do ano pasado. Na que segundo o adestrador que él mesmo trouxo e que tan pouco durou; "objetivo cumplido". Entendendo por objetivo cumplido un equipo en caída libre e que safou únicamente porque o Farsa xogaba o día seguinte en Xapón un bolo.
Quedan suas semanas de mercado, agardemos que esta incómoda sensación de que o equipo inda ( e xa era difícil de carallo facelo ) empeorou con respecto a tempada pasada se quede niso, nunha sensación de verán dos catro impacientes e alarmistas de sempre ( eu despois do visto o domingo síntome moi impaciente e moi alarmista ). Que quede nun simple problema de timing e que o día 1 de setembro estemos tranquilos coa plantilla da que disporá Benítez.
O centenario, a resposta da efección, os diñeiros no banco, as ventas ( contando con Gabri Veiga chegaremos a 58 millóns ), e a fama do arquiteto non poden quedarse no que ata agora se trouxo e no que ata agora quedóuse. Sería moi decepcionante, ata pra os máis contidos.
E xa non pedimos Follón. Que ata iso perdeu fuelle, o "informador" que acuñou o termo e o seu adlatere vigués quedaron pra as charadas e pouco máis co paso das semanas.
O mellor do verán?. A ilusión que despertou Benítez, O Himno ( graciñas de corazón Pucho ) e a resposta da afección. O resto foi gris, pero moi gris. Como nos ten amostumados unha propiedade que transmite ano tras ano interese somentes polos cartos e as influencias.
Fin do desafogo mañaneiro.