Eso es cierto, pero tú puedes tener un par de objetivos y si se te suben a la parra, que vas a hacer, aceptar el chantaje y sobrepagarlos. Yo no lo haría.
Estamos a 29 de agosto (virtualmente), así que non hai tempo para tantear opcións.
Agora se aposta ou non se aposta. E se nos repetiu moi insistentemente que había ganas e medios (consumada a saída de Mina) para apostar.
Creo que coincido, pero con reservas. Si, andar a pagar de máis ou traer a un calqueira polo simple feito de traer a alguén non ten sentido. Xa manifestei a miña opinión nese sentido máis dunha vez.
Por falar de algún nome en concreto, o Gröningen non ten necesidade de venderte a un xogador importante para eles cando o mercado está a punto de pechar. Agora se o queres, o pagas, porque non hai moita marxe para flecos. O problema foi deixar para o último día unha operación que sabes que tes que facer dende o principio de mercado.
Que a decisión correcta sexa non sobrepagar non te excusa do erro de planificación inicial. Sabemos que Mina vai saír dende hai máis ou menos 10 días.
Para rematar, a situación é se cabe peor por dous motivos:
1) As expectativas. Mouriño se adicou a repetir a quen quixera oílo, que se saían Mina ou Denis iban a traer a alguén máis. Se non di nada eu non espero nada, pero agora é esclavo das súas palabras.
2) Se
queremos crer o que di Beade9000 e se están revisando opcións previamente descartadas, entón igual había que pedirlle explicacións a quen as rexeitou para empezar.Me está quedando unha mensaxe moito máis longa do que quería, pero me gustaría matizar unha cousa. Non creo que se me poda considerar un foreiro catastrofista nin particularmente queixón, así que a mensaxe non vai por ahí. Estou relativamente satisfeito co equipo que armamos e creo que podemos ter unha tempada tranquila a nada que se acoplen as pezas. Pero, porompompero, non traer un dianteiro (ou, para o caso, traer por traer) sería un erro grave. Este ano importa menos porque xaneiro está a volta da esquina, pero deixalo traballo a medio facer non é excusable.