É que o fondo de todo isto non é que teña adicación exclusiva para nós ou non que iso xa estaba claro e a min a idea non me disgustaba en absoluto.
Acaba de deixar o Galata pero podería coller outro club turko, francés, grego ou inglés ese non era o problema, ou polo menos xa era algo co que contabamos.
En casa Celta estarán preocupados porque a relación xurídica cambia por completo( e non creo que sexa un cambio só de nomenclatura, aí está o quiz da cuestión). O PSG non ficharía a empresa de Campos como o Celta, Galata ou outros, ficharía a Campos persoalmente. É dicir, ata agora era unha relación de igual a igual co resto de clubes, agora xa non.
Algúns de vós diredes con acerto que o Celta non ten o mesmo mercado que o PSG, correcto, pero creo que isto trae consigo máis problemas que optar aos mesmos xogadores ou non (que ollo se é un descubridor de talento por explotar si que se podería dar nalgunha circunstancia, de en vez de que viñera para o celta o faga para o PSG e este os mande a foguearse por aí adiante, co que o tema pelotazos que tanto gusta en casa Celta e por iso tamén trae a Campos, cáese un pouco supoño).
Edito: non vira a mensaxe de que faría o mesmo rol de asesor externo que aquí, se ese é o caso, si que quedo máis tranquilo. Veremos en que que queda todo.