Que se puede discutir su trabajo, por supuesto.
Decir que no tiene conocimientos ni formación, es un ataque personal que sale de los intestinos de alguien que tiene ganas de quedarse a gusto soltando la más grande que se le ocurre.
Falo en consecuencia o que vin sobre o verde e que escoiteille decir diante dun micro.
En formación, non tiña nin a máis remota idea de xestión piscolóxica dun plantel con xente de distintas idades, linguas e nacionalidades.
O seu modelo táctico reduciuse a un só esquema, sen apenas variantes en 2 anos, con insistencia nos mesmos xogadores sen ter en conta aportacións ou estados de forma.
Nin quixo nin intentou adaptarse a táctica do fútbol europeo, non se molestou en empaparse doutras ligas europeas, e seguía insistindo en nutrirse e adaptar para aquí o que vía nas decadentes ligas americanas.
Rexeitou por norma calquera xogador que non coñecese e máis se non era coñecedor do idioma.
Era un verdadeiro perigo cun micro diante dos fuciños, caindo en contrariedades que desmontaban o seu discurso da meritocracia.
Viviu de 6 meses nos que un núcleo importante do equipo deu un rendemento salvaxe a modo de vendetta para deixar en evidencia o anterior adestrador que intentou impoñer a súa figura a determinadas vacas sagradas do plantel.
Non sei de que órgano sairame a concepción que teño de Coudet, pero que foi un dos peores profesionais que pasou por este clube nos derradeiros anos, é algo do que estou convencido.
Ti falas de odio persoal, eu non odio a Coudet, seguramente sexa un tipo do máis agradable co que compartir unha cea falando de fútbol, eu rexeito e "odio" o profesional que percibín aquí.
PD: O de catalogar coma barbaridade unha opinión na que en ningún momento hai unha falta de respeto, tamén é algo TOP por parte dun moderador.