Hoxe fixo moi bo partido, pero tampouco é que o alavés defendese con moita intensidade. O que hai que valorar non é a calidade de Denis, que ten de sobra, senón se a súa ficha vale a incidencia que ten no xogo. Pena que non teña moitos días coma o de hoxe.
A pena é que a súa continuidade non parece depender diso, senón da arroutada do señor Atanes. A ver se as múltiples mostras públicas desta semana (Aspas, Coudet, a grada) teñen algún efecto.