Xa , claro que si a un xogador lle dis que vai estar un ano sin xogar perde , pero estamos falando de realidades , non de teorías , e a realidade di que no caso concreto de Denis parecía que tamén ía perder e non perdeu casi nadiña , na miña opinión claro , para min os que mais perdimos en comparación , e por goleada , fumos nos , que non foi pouco ¿ eh ? falamos de que se pagaron por el catorce millóns e cinco por ano de salario , estivo catro anos , marcha sin deixar unha perra , falamos de 34 millóns tirados polo sumidoiro mentres a Oscar , Coudet ou Carvalhal lle negaban fichaxes , ¿ iso e o equilibrio nas contas que sempre nos vende o señor Atanes para asegurar a viabilidade economica ? coidadiño ahí que non e unha broma o precio do capricho do presidente .