Non entendo a actitude ou incomprensión cara a posición de Mouriño/directiva (non sei ata que punto se comparte). Agora, de incomprensible non ten nada.
Quero primeiro facer constar que eu non conparto esa forma de actuar nin esas estratexias, pero que non as comparta non quere dicir que non as entenda, nin que, de feito, o considere tan, en xeral, terrible (entendo terrible como sempre negativo e sen sentido). A posición de Mouriño/Celta é bastante sinxela de entender: a entidade quere manter unha posición de forza clara no que respecta á súa relación cos seus empregados/xogadores. Quere deixar ben claro que as reglas do xogo son as súas, e que se non as segues, as consecuencias son coñecidas. O caso de Denis non é o primeiro, e seguro que sabedes de que (ou quen) falo.
Entón, dada esa postura de forza do Celta, e en tanto que Denis non a respectou, ou así o considera Mouriño/o clube, a consecuencia é a que é, e non é algo sacado da "chistera", porque fixeron o mesmo con outros xogadores. Aquí o problema, o verdadeiro problema, é que unha vez que adoptas a postura de impoñer esa situación a un xogador non te podes botar atrás, e non podes facelo porque entón perdes esa postura de forza que queres establecer. Se agora o Celta cambiase de parecer, calquera xogador no futuro sabería que non ten por que seguir as normas que lle marca o Celta, posto que hai antecedentes claros de que pode mudar de parecer se se dan certas situacións. De feito, non creo que sexa realmente unha cuestión de egos, senón máis ben de manter posturas de forza con certa lóxica. Outra cousa é que sexan produtivas a curto prazo.
E ollo, que repito, non estou defendo a postura do Celta nin o xeito de facer as cousas. Non as comparte e eu non levaría a situación así, pero iso non quita que non lle atope explicación razoable.
Dito todo isto, espero que Denis saia e a sangue non chegue ao río, porque parece que pode chegar.