Creo que todos obviades as decisións dos xogadores.
Imaxinádevos: estades xogando nun filial en 2ªB e non contan con vos para o primeiro equipo nin nas pretemporadas. Suben antes a viaxar ao primeiro equipo ao teu suplente que a ti. Acábache contrato. Tes ofertas de equipos de segunda, cos que negocias directamente e podes elexir aquel equipo que, a priori, máis aposte por ti. Nesa situación, asinaríades polo voso actual equipo sabendo que vos van ceder ao equipo que eles decidan, perdendo ti o poder de decisión e o control sobre a túa carreira? Asinaríades polo voso actual equipo sabendo que se non vos plegades a ir cedido ao equipo que vos manden ou se decidides ter unha oportunidade no primeiro equipo vos aparten da disciplina do grupo?
Ser xogador do Celta e sen contar para o primeiro equipo é das peores experiencias que pode vivir un futbolista profesional.