Cardoso con Aspas tivo bo xogo e bos resultados.
Cardoso cando se quedou sen Aspas buscou alternativas. Non as atopou, e iso élle achacable, pero o guicho buscou cambios tácticos, de esquema, de xogadores, etc.
Pero sen Aspas ese equipo era a nada máis absoluta. Xa antes de Cardoso había estatísticas dos partidos do Celta sen Aspas e apenas se lograba algún empate, o resto eran todo derrotas. E iso xa pasaba con Berizzo no banquillo. Que si, que el tivo máis partidos sen Aspas e tiña que terlle atopado solución, pero non é unha solución comparable ao resto de adestradores que tivemos.
O Turco a min foi o único que non me pareceu adestrador. Renunciaba totalmente ao centro do campo.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk